Saltar ao contido

Fairway Santiago 2025

Home » Expositores » Páxina 5

Expositores

ARTNatura Galicia

  • por

Con preto de 20 anos de experiencia, ArtNatura Galicia é unha axencia de viaxes formada por profesionais do sector, guías turísticos oficiais desde o 1992 e por tanto, con amplo coñecemento do territorio e os seus recursos, tanto a nivel histórico-artístico como gastronómico, cultural ou natural.
A especialización, diferenciación e interese por coñecer en profundidade ao cliente adaptándose ás súas necesidades son factores crave para nosa empresa e o seu éxito.

AGENCIA GALIWONDERS

  • por

Galiwonders, axencia de viaxes especializada no Camiño de Santiago e outros roteiros de sendeirismo como o Camiño dos Faros. Deseñamos itinerarios personalizados, a pé ou en bicicleta, para viaxeiros individuais e grupos. Coa nosa nova marca Noré, convidámosche a vivir escapadas con alma por Galicia, descubrindo a súa natureza, cultura e encanto desde todos os seus ángulos.

GRONZE

  • por

Somos Gronze.com: Unha web independente e profesional especializada no Camiño de Santiago (e outros camiños histórico-culturais), cun equipo vinculado desde hai décadas ao roteiro xacobeo.

Ofrecemos información orixinal, práctica e actualizada dos principais camiños; mapas e percorrido por etapas, desniveis, albergues, etc. así como consellos, suxestións, experiencias de peregrinos, recomendacións de albergues, e moito máis.

SANTIAGO GATE

  • por

Santiago Gate chegou para quedar. Somos unha nova forma de vivir o Camiño de Santiago: exclusiva, coidada e con alma galega. Non se trata só de percorrer quilómetros, senón de sentir Galicia cos cinco sentidos. Creamos experiencias auténticas que combinan confort, emoción e cultura. Santiago Gate, o referente do peregrino premium que busca o seu lugar no Camiño.

CYCLING THE CAMINO

  • por

Somos unha compañía cunha ampla traxectoria no sector das viaxes e experiencias de aventura. Especializados no servizo de alugueiro de bicicletas para o Camiño de Santiago e seleccionando os mellores modelos para a tempada 2025. Traballamos para coidar ao detalle a experiencia dos peregrinos que chegan en bicicleta a Santiago de Compostela. O Camiño é duro, pero tentaremos que sexa o máis pracenteiro posible para os nosos clientes.

CAMINO DE SANTIAGO DE LA RÍA DE MUROS Y NOIA

  • por

Roteiro Xacobeo recoñecido oficialmente polo Cabildo Catedralicio o 15 de decembro de 2020. O itinerario transcorre polos municipios de Muros, Outes, Noia, Porto do Son, Lousame, Rois, Brión, Ames e Santiago.

FUNDACIÓN CAMINO LEBANIEGO

  • por

O Camiño Lebaniego é un camiño milenario que conecta o Camiño de Santiago co Mosteiro de Santo Toribio de Liébana, en Cantabria, onde se celebra o Ano Xubilar Lebaniego e que alberga o Lignum Crucis, o anaco máis grande da cruz de Cristo que se conserva. Ao longo do seu percorrido, natureza, cultura e espiritualidade entrelázanse nunha experiencia única de peregrinación. Desde Cantabria impúlsase a súa conservación, promoción e mellora para ofrecer ao viaxeiro un camiño cheo de historia, paisaxe e emoción.

TOXO TRAVEL TOXO GEL

  • por

Somos unha axencia de viaxes de Santiago de Compostela. A paixón por Galicia guía os nosos pasos.
Galicia é tan bela e tan especial que merece ser gozada a fondo: a súa cultura, a súa historia, a súa natureza, a súa gastronomía… Ten tanto que ofrecer que sempre se corre o risco de deixar algo atrás.
As nosas excursións desde Santiago de Compostela están deseñadas con auténtico mimo para poñer en valor o patrimonio material e inmaterial da nosa terra.

hemisferios

HEMISFERIOS, S.L.

  • por

HEMISFERIOS, S.L. é unha axencia de viaxes que centra a súa actividade na Ribeira Sacra e en concreto no Cañón do Sil con barcos que percorren o canón do Sil completo e circuítos a medida pola Ribeira Sacra.