EXPOSITORES
A Barca do Peregrino (Naviera Bahía SUB)
Somos a Navieira Bahia-Sub , unha pequena empresa familiar fundada en 1996 para o transporte de pasaxeiros e unha escola de Mergullo.
É en 2006 cando nace A BARCA DO PEREGRINO #ante a necesidade de mostrar ao mundo a historia da viaxe de Santiago Apostol, un roteiro único: “A TRASLATIO”
O noso obxectivo é mostrar a beleza e os encantos da Ría de Arousa, ofrecendo un servizo persoal baseado en anos de experiencia e mellora continua.
O principal activo da BARCA DO PEREGRINO é o noso persoal, formado pola tripulación e o equipo de terra. Todos eles contan cunha gran experiencia e profesionalidade que envorcan en todos vostedes para facer da TRASLATIO unha experiencia inesquecible.
Camiños onde exerce a súa actividade
Roteiro TranslatioVilanova - Pontecesures e Roteiro Ribeira Fai Camiño A Translatio A Orixe
Stand:
230