Saltar ao contido

Fairway Santiago 2025

Home » Fairway abrirá as súas portas con máis de 30 actividades para achegar o Camiño de Santiago a todos os públicos

Fairway abrirá as súas portas con máis de 30 actividades para achegar o Camiño de Santiago a todos os públicos

  • por
FAIRWAY FERIA WEB_109

Gastronomía, talleres, música e actividades lúdicas para todos os públicos, Fairway abrirá as súas portas o vindeiro domingo, 9 de novembro, cunha Xornada de Puertas Abertas que convida a peregrinos, visitantes, profesionais e veciñanza a vivir a experiencia do Camiño de Santiago. Más dunha trintena de actividades con máis de 1.500 prazas ofertaranse durante a celebración do Fórum do Camiño de Santiago, que acollerá a Cidade da Cultura entre o 9 e o 11 de novembro nunha edición moi especial cargada de novidades.

E é que o OpenDay de Fairway é unha oportunidade única para descubrir a esencia do Camiño de Santiago desde todos os sentidos. Así, a gastronomía do Camiño ocupará un lugar moi destacado no programa, a través de talleres e tamén dun espazo especial para descubrir os sabores da provincia da Coruña: o Gastroway. Baixo a marca “A Paisaxe que sabe”, a Deputación de Coruña convídanos a coñecer aos produtores e chefs da provincia a través de tapas únicas elaboradas con produtos do territorio da Coruña.

Pero, ademais, previa inscrición e reserva de praza, poderemos descubrir outros sabores do Camiño a través de talleres e presentacións que se sucederán durante toda a feira: “Vermuts e Queixos: un roteiro polos sabores da Provincia que Sabe”, ás 12h, e “Peregrinación Gastronómica: licores e repostería dos Camiños de Santiago”, a partir das 17h, estarán conducidos polo escritor e divulgador gastronómico, Jorge Guitián, mentres que o chef de D’Outrora Food and Service, José Manuel Mallón será o encargado de ofrecer outros dous Talleres de Sabores do Camiño: artesanía alimentaria e produtos con DO e IXP, un ás 12h e outro ás 17h, nos que combinará produtos de artesanía alimentaria con aqueles protexidos por Denominación de Orixe (DO) e Indicacións Xeográficas Protexidas (IXP) presentes ao longo do roteiro.

Experimentar o Camiño

Xunto á gastronomía do Camiño, a Xornada de Puertas Abertas tamén será unha oportunidade para descubrir Santiago a través do roteiro iCamino, que une os cinco Camiños que entroncan en Santiago, acompañado por guías turísticos oficiais que saben que unha cidade non se explica, descóbrese. Un roteiro na que participarán 150 persoas que camiñarán desde a Praza do Obradoiro ata a Cidade da Cultura. Aqueles que completen o iCamino e recollan o seu diploma recibirán, ademais, un vale de 5 € para gozar en Gastroway e facer máis completa a experiencia.

E para os máis pequenos, o OpenDay tamén ofrece actividades: un Escape room “A reliquia do Apóstolo”, que se celebrará durante todo o día en pequenos grupos, e un taller de origami “O Camiño en Papel”, no que aprenderán a crear figuras relacionadas co roteiro xacobeo: cunchas de vieira, frechas amarelas, mochilas de peregrino, estrelas e ata pequenas aves viaxeiras.

A música tamén estará presente nesta Xornada de Puertas Abertas. Da man de Señora DJ ao mediodía, de 14h a 15.30h, o Museo da Cidade da Cultura de Galicia sacódese o po para converterse en pista de baile, mentres que un concerto de música tradicional galega será o encargado de poñer o broche de ouro á xornada.

En definitiva, Fairway celebra o seu décimo aniversario cunha xornada moi especial chea de experiencias para todos os sentidos que, ademais, poden ter premio. Selando en polo menos dez expositores a credencial My Camiño que se poderá conseguir no Punto de Información, poderase entrar no sorteo de viaxes, estancias, experiencias e outros premios.

Sabores do Camiño, voces que conta historias de mar, montaña e Camiño daranse cita para crear un ambiente lúdico que servirá de antesala para a celebración do Foro do Turismo e Camiño.

Inscrición e reserva de praza

O acceso ao Open Day e o Foro de Turismo e Camiño é libre e gratuíto, pero todas as actividades teñen prazas limitadas, polo que é necesaria a inscrición previa a través de formulario para poder participar https://fairwaysantiago.com/inscripcion-2025/. No caso de que se queira garantir a praza e participación nalgunha das actividades, a organización ofrece a opción de realizar unha reserva pagando 5 € por persoa/actividade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *