APACA
APACA ten como finalidade principal reducir o sufrimento que padecen os animais a mans dos humanos e lograr unha convivencia máis xusta entre os mesmos. O seu ámbito de actuación son os territorios polos que discorren os diferentes roteiros xacobeos en Galicia, polo que un dos seus obxectivos é facer do Camiño de Santiago un lugar máis ético e respectuoso cos animais. Para iso, traballa por abolir os malos tratos, a explotación, o encadenamiento ou reclusión permanente e o abandono (ou o semi abandono) que abunda ao longo de todos os roteiros, pero tamén para acabar coa discriminación sistemática que padecen os animais de familia que acompañan aos peregrinos, por parte da maioría de axentes sociais e institucionais do Camiño.
Stand:
220-239