10 anos de Fairway, e moitos premios para celebralo
Levamos 10 anos sendo punto de encontro do turismo e os Camiños de Santiago e conectando persoas, ideas e destinos, mirando ao futuro dun sector en constante cambio. E nesta edición tan especial, queremos celebralo como se merece… Porque en Fairway tamén se xoga!
Participa no sorteo especial do 10º aniversario, con viaxes, estadías, experiencias e moitos premios máis, cortesía dos nosos expositores e patrocinadores.
Como facelo? É moi doado!
- Recolle a túa credencial “My Camino” no punto de información do evento
- Percorre os expositores da feira e sela as 10 casiñas da túa tarxeta
- Enche o boleto cos teus datos e deposítao na gran furna que atoparás no recinto
Moi pronto desvelaremos os premios!
Mantente atent@ ás nosas redes e vive con nós o Fairway máis grande.



