Saltar ao contido

Fairway Santiago 2025

Condicións de inscrición e reserva

  • Entrada. A entrada a Fairway 2025 é libre todos os días.
  • Acceso ás actividades. O acceso ao Open Day e o Foro de Turismo e Camiño é gratuíto. Todas as actividades do programa teñen límite de prazas, polo que requiren inscrición previa a través do formulario habilitado en dúas modalidades.
  • Modalidade de inscrición. A inscrición é gratuíta e dá dereito ao rexistro nunha lista de espera de participación nas actividades.
  • Modalidade de reserva. En caso de querer garantir a praza nas actividades, pódese efectuar un pago de 5,00 euros por persoa/actividade, que dá dereito á participación asegurada. Esta cantidade non é reembolsable en ningún caso.
  • Persoas rexistradas. Cada actividade ten unha cota destinada a reservas. As prazas vacantes de cada actividade serán adxudicadas ás persoas rexistradas na lista de espera por orde de chegada á sala onde se realice a actividade.
  • Garantía de praza. A reserva dá dereito á asistencia garantida na actividade. Unha vez esgotado o número máximo de prazas dispoñibles, non se admitirán novas reservas para a actividade correspondente.
  • Prazos. Tanto as inscricións como as reservas poderán realizarse ata 4 horas antes do comezo da actividade, sempre que exista aforo.
  • Límites de inscrición e reserva. Cada persoa poderá realizar un máximo de 5 inscricións ou reservas por actividade.
  • Asistencia. As persoas rexistradas e con reserva deben estar 5 minutos antes do comezo da actividade.
  • Carácter persoal da inscrición e reserva. As inscricións e reservas son nominais e intransferibles. Non se permitirá a cesión ou transferencia das mesmas a outras persoas.
  • Dereito de admisión. A organización de Fairway 2025 resérvase o dereito de admisión.