Saltar ao contido

Fairway Santiago 2025

Congreso

Foro Turismo e Camiño

Cando Fairway comezou a súa andaina en 2015 na Cidade da Cultura de Galicia, ninguén cría que un foro coma este sobreviviría 10 anos como punto de encontro para profesionais públicos e privados do Camiño de Santiago. Dende o principio, comprometémonos coa creación dun espazo de diálogo e colaboración con moitas ideas, propostas, experiencias e solucións compartidas que deixaron a súa pegada nestas edicións.
O turismo medrou na cidade e estamos orgullosos de dar a benvida a miles de visitantes que cada ano chegan a Santiago, movidos pola espiritualidade. A primeira edición de Fairway deixounos unha frase que segue guiando o noso espírito: “O turismo pode ser un camiño cara á verdadeira peregrinación”.
Hoxe estamos aquí: maiores, máis incómodos e con máis ganas de facer preguntas que outros prefiren calar. Baixo o paraugas do “Foro Turismo e Camiño”, nesta edición de 2025, non andamos con rodeos. Centrámonos na sombra que se cierne sobre Compostela: a turistificación. Falamos con respecto e comprensión con quen toma as decisións, con quen a vive e con quen xoga o seu futuro. Cando o Camiño deixa de ser o Camiño e se converte no que non queremos? Benvidos ao debate que ninguén quere ter e que non podemos evitar.

Ilustración-congreso

GALERÍA

Perdícheste a última edición de Fairway?

Mostrámosche un resumo das actividades do Academy 2023 en imaxes.