1-11-2023
OPEN DAY
Ruta "I Camiño"
Froito da reflexión de que moitos dos visitantes que veñen a Compostela non fan o Camiño de Santiago, desde Fairway, coa creación da ruta para esta nova edición, queremos brindarlles a oportunidade de saírse dos circuítos turísticos habituais e poder gozar dun contacto máis próximo coa cidade. Ademais, con “I Camiño”, os santiagueses tamén terán a oportunidade de descubrir zonas descoñecidas da súa cidade con pinceladas ao Camiño, sempre presente, pero probablemente pouco recoñecido pola poboación local.
O grupo estará acompañado en todo momento por guías oficiais que lles mostrarán o percorrido. Así mesmo, a organización habilitou puntos de selaxe e un folleto informativo, que será entregado antes de comezar a ruta, para emular un dos elementos máis característicos do Camiño como é a credencial.
Ao finalizar, todos os participantes poderán reclamar a súa Santiaguesa e os obsequios creados para I Camiño na secretaría técnica de Fairway. Ademais, por realizar a ruta, gozarán dun desconto do 20% no Gastroway e terán acceso ao resto de actividades de Fairway Open Day.
– Dificultade: media-baixa
– Distancia: 16 km
– Hora de saída: 9:30 horas
– Punto de partida: praza do Obradoiro
– Punto de finalización: PAZO de Congresos
– Recomendacións: calzado cómodo (preferiblemente resistente á auga), chuvasqueiro, bastóns de trekking e unha mochila pequena con pouco peso.
– Actividade gratuíta. Imprescindible inscrición previa
9.30 - 13.30 H (aprox.)
PRAZA DO OBRADOIRO