Ruta I Camino, un camiño nos Camiños de Santiago

Ruta I Camino, un camiño nos Camiños de Santiago

Praza do Obradoiro
Praza do Obradoiro

Praza do Obradoiro

A emblemática Praza do Obradoiro é o km 0 para os que se dirixen a Fisterra, e esa será tamén a nosa dirección. A praza é un fiel retrato dos 4 poderes da cidade: a igrexa, representada pola Catedral, o coñecemento, plasmado  no reitorado da Universidade de Santiago de Compostela, o poder político recoñecible no Palacio de Raxoi, actual sede do concello de Santiago e presidencia da Xunta de Galicia e o Turismo, representado pola xoia dos Paradores Nacionais co Hostal dos Reis Católicos.

Camiño de Fisterra. Da praza do Obradoiro, pola rúa das Hortas cara o Carme de Abaixo
Camiño de Fisterra. Da praza do Obradoiro, pola rúa das Hortas cara o Carme de Abaixo

Camiño de Fisterra. Da praza do Obradoiro, pola rúa das Hortas cara o Carme de Abaixo

Saímos da Praza do Obradoiro pola costa do Cristo cara a rúa das Hortas, atravesando a rúa Carretas, que recibe o nome por ser a rúa por onde saían as carretas cara o cemiterio cos corpos dos defuntos  que abandonaban o antigo hospital de peregrinos, hoxe Parador dos Reis Católicos. Na rúa das Hortas desviarémonos cara unha estreita e curiosa ruela: a Ruela de San Clemente dende onde podemos observar a parte traseira da sede do concello. 

 

Camiño de Fisterra. Carballeira e Pazo de San Lourenzo.

Un conxunto de hortas locais marcarán o sendeiro que tomaremos preto ao Hotel AC, e guiaranos ata a Carballeira e Pazo de San Lourenzo de Trasouto, mandado construír no século XIII. Un fermoso entorno onde, se é posible, recomendamos a visita ao pazo para ver a igrexa e o seu retablo de mármore de Carrara, así como o misterioso labirinto de bog que se atopa no claustro.

 

teléfono: 981552725
Do Camiño de Fisterra cara o Camiño Portugués. Ponte Sarela e o Barrio de Vidán.
Do Camiño de Fisterra cara o Camiño Portugués. Ponte Sarela e o Barrio de Vidán.

Do Camiño de Fisterra cara o Camiño Portugués. Ponte Sarela e o Barrio de Vidán.

Bordeando o muro da finca do Pazo de San Lourenzo, chegamos á Ponte Sarela, unha antiga área industrial rural de muíños e curtidorías, moi importantes na economía santiaguesa en séculos anteriores, que Víctor López Cotelo integrou co entorno. Antes de Ponte Sarela, daremos cunha curiosa zona habilitada cunha pasarela de madeira que segue a corrente do río, ata chegar á estrada de Noia, onde a natureza arborada nos acompañará ata o barrio de Vidán. Integrándonos con casas, fincas e hortas pasando pola parte traseira da Igrexa do Barrio de Vidán e por debaixo da ponte do periférico, é frecuente toparnos con algunha veciña que aínda emprega o lavadoiro da fonte das dúas figuras sen cabeza. Subindo polo sendeiro da fonte, chegamos ao Camiño Portugués.

 

Polo Camiño Portugués cara ao barrio de Conxo.
Polo Camiño Portugués cara ao barrio de Conxo.

Polo Camiño Portugués cara ao barrio de Conxo.

Integrámonos no Camiño Portugués, cada vez máis frecuentado polos peregrinos, nun tramo repleto de espesa vexetación que nos conduce a un dos barrios máis queridos da cidade, o Barrio de Conxo, ata chegar á praza do Campo de Conxo, coñecida por acoller o primeiro sanatorio psiquiátrico de Galicia. Moi próximo, observamos o Centro Sociocultural Aurelio Aguirre, obra contemporánea do arquitecto Alfonso Penela.

 

O Banquete de Conxo
O Banquete de Conxo

O Banquete de Conxo

Foi no ano 1856, cando estudantes, considerados na época como clase alta, se ofreceron a servir un banquete aos obreiros e artesáns da cidade nun acto de confraternización a favor da igualdade con ilustres asistentes como Eduardo Pondal ou Aurelio Aguirre, quen pronunciou un xa famoso discurso. O banquete, celebrado no merendeiro de Conxo, situado na parte traseira do actual sanatorio, trascendeu ata os nosos días e aínda se sigue celebrando no que hoxe se coñece como Banquete de Conxo. O espazo natural, restaurado recentemente, conta con milenarios carballos e está delimitado polo río Sar. Unha contorna idílica que nos traslada á época do acontecemento. 

 

Do Banquete de Conxo cara o Restollal, o barrio de Sar e a Vía da Prata.
Do Banquete de Conxo cara o Restollal, o barrio de Sar e a Vía da Prata.

Do Banquete de Conxo cara o Restollal, o barrio de Sar e a Vía da Prata.

Tras desviarnos polo Banquete de Conxo, atallamos por un sendeiro na zona de Ponte Pereda e situarémonos na periferia do parque Eugenio Granell, antiga Finca do Paxonal. Seguindo o paseo do parque, adentrámonos nas Brañas de Sar, que percorreremos ata chegar á famosa Colexiata de Sar, pisando xa o trazado da Vía da Prata.

 

Cara o camiño francés. Parque de Belvís cara a rúa de San Pedro.
Cara o camiño francés. Parque de Belvís cara a rúa de San Pedro.

Cara o camiño francés. Parque de Belvís cara a rúa de San Pedro.

Ascendendo polo Barrio de Sar, tomamos o desvío en dirección ao parque de Belvís, un gran espazo verde en pleno casco histórico tras o cal nos incorporaremos ao Camiño Francés. Dende o curioso e enrevesado labirinto de arbustos de camelias, podemos ascender ao miradoiro de Belvís para gozar dunha particular panorámica da “zona vella”, e que pon ás nosas costas o Seminario Menor, o Convento de Belvís e unha inédita arquitectura contemporánea de John Hejduk, mestre de mestres da arquitectura de vangarda, co Centro Sociocultural de A Trisca.

 

Camiño Francés. A rúa de San Pedro e a contorna de Bonaval.
Camiño Francés. A rúa de San Pedro e a contorna de Bonaval.

Camiño Francés. A rúa de San Pedro e a contorna de Bonaval.

Atopámonos en pleno corazón do Camiño Francés na súa entrada á zona vella de Santiago. Dende a popular rúa de San Pedro accedemos ao parque de Bonaval pola entrada principal. Unha estatua de Chillida enmarca o casco histórico, a auga flúe por todo o parque e ninguén se sorprenderá se ven a nenos xogando entre os antigos nichos do cemiterio de Bonaval. Un espazo que ofrece tranquilidade e alberga unha boa panorámica da cidade dende o seu punto máis elevado. Cruzamos a porta do punto máis alto do parque para seguir o sendeiro que conduce ao parque da Almáciga.

 

 

Cara ao Camiño Inglés pola Almáciga.
Cara ao Camiño Inglés pola Almáciga.

Cara ao Camiño Inglés pola Almáciga.

Antes de dirixirnos ao Parque da Almáciga, o outeiro máis alto do casco urbano, podemos botar a vista atrás para observar dúas fermosas panorámicas: a primeira, do casco histórico e a segunda, da Cidade da Cultura e o Pico Sacro. A Almáciga é outro coñecido barrio compostelán, onde pequenas casas baixas aínda se manteñen en pé e fan un stop ao paso do tempo e á modernidade.

 

No camiño inglés cara o Pazo de Congresos.
No camiño inglés cara o Pazo de Congresos.

No camiño inglés cara o Pazo de Congresos.

Atopámonos xa na última etapa do noso camiño particular e unímonos ao Camiño Inglés ao saír da Almáciga, a carón do edificio da Xunta de Galicia e probablemente nos atopemos de fronte con peregrinos que chegan a Compostela percorrendo o Camiño Francés, o máis transitado de todas as rutas dispoñibles. Antes de toparnos co cartel que indica a entrada na cidade, chegaremos ó noso km. 0: o Palacio de Congresos.